Tuesday 07 de May de 2024

O Grupo Muncipal Socialista apoia a manifestación do 12 de febreiro, convocada pola Plataforma SOS Sanidade PúblicaInicio Actualidad 


O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo e a concelleira de Políticas Sociais e Saúde, Mila Castro, mantiveron esta tarde unha entrevista cunha representación de SOS Sanidade Pública, encabezada polo seu portavoz, Xosé María Dios; na que tamén estaba presente María Xosé Abuín. No encontro, o rexedor confirmoulle que o Grupo Municipal Socialista apoiará a manifestación do próximo domingo, 12 de febreiro, en defensa da sanidade pública.

Segundo explicou Mila Castro, “coincidimos con SOS Sanidade Pública no grave deterioro da sanidade pública galega, que se agrava ano tras ano, sobre todo en atención primaria. Quero lembrar que ese servizos de atención primaria, tan castigados, son a primeira porta de entrada que teñen os pacientes cara a sanidade” .

“Por iso imos reivindicar, un vez máis, cambios nas políticas de Sanidade da Xunta de Galicia. Unhas políticas que teñen que garantir asistencia inmediata nos centros de Atención Primaria; un plan para rematar coas listas de agarda; e un aumento dos recursos materiais, pero sobre todo humanos”. “Creo que todos temos dereito” subliñou a concelleira “ao acceso a unha sanidade pública, de calidade é gratuita, e non debemos perder este dereito”.

Mila Castro rematou enviando unha mensaxe de apoio á manifestación do domingo, 12 de febreiro, convocada por SOS Sanidade Pública, que sairá ás 12:00 h da Alameda, para rematar, pasadas as 13:00 h na Praza do Obradoiro.